sábado, 2 de agosto de 2008

¡Festa rachada!

Hoxe foi un día de festa no pobo de Terroba - axuntamento independente da comunidade da Rioja - e como non podia se de outra maneira, alí estiven eu, enarbolando a nación galega, con o noso ronco son.
Terroba esta encravada o pé da LR-250, que une Logroño (Barrio da Estrela) e a localidade de Villamediana de Iregua, con o denominado Camero Viejo, que está constituido por infinidade de pequenos lugares máxicos, donde podemos encontrar espacios de lecer como o de Soto en Cameros, cun área de esparcemente o pé do rio, até ignitas de pegadas de grandes dinosaurios como a de Hornillos de Cameros, que si ben non é tan coñecida como as de Enciso, no por iso teñen menos valor, atrévome a decir que todo o contrario, quiza sea unha da mellores que coñezo.
O certo é que "El Camero Viejol" é un lugar enigmático e que como non podía ser menos lembrame eses maravillosos recunchos de Galicia, donde como eiquí cada un pode buscar o seu propio espacio.
Pois ben, nesta 20 edición desta festa, que se fixo orixinariamente para hermanar é manter lazos de unión e amizade entre as distintas localidades da zona, non faltou de nada, nin alfareiro, nin música tradicional, nin bailes, nin viño - por suposto rioja nas versions crianza e reserva -, nin atrezo de epoca, nin malavares, por non faltar até tiveron bolos preñados, museo etnolóxico con pezas de incalculavel valor histórico, etc....., pero como non podía ser menos, comencei a lembrar aqueles días de romería da miña nenez, aquelas romerias de Santa Mariña ou de Santiago de Hermelo, os gaiteiros, a sandía que ibamos a comprar a un camión, a puxa dos galos, a procesión, e como non a empanada, si "a empanada", de polbo, de carne, de mexillons, de croques, de bacallao. Que bo invento o da empanada, e se por riba de todo e feita na casa, para que vamos dicir cousa algunha.
Teño que recoñecer que os rioxanos teñen bo dente igual que os galegos, e un gran respeto as tradicións, nembargantes nos temos un "aqueloutro", un maior apego o noso, a terra, o pais, a fala, de feito no momento que estaba na festa, con todo alquel revumbio o redor de mín, como me houvese gostado ouvir unha gaita, a poder ser unha gaita galega, pero en fín non pudo ser.
Sea como fora, aparte de non ter empanada, houvo unha cousa que botei en falta foron as "rosquillas", ¡non había rosquillas!, ninguén as botaba en falta agás de min;....; como todos sabedes unha festa sin roquillas - da igual que sexan de anis, hoxaldradas, das de toda a vida, das de porriño, etc -, nin é festa nin é nada.
En fin, disfrutade da festa rachada.
Apertiñas.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que sepas que quise que hubiera una gaita gallega: la de Carlos Nuñez.
Y sigo queriendo que así sea. Quizás lo consiga.
Creo que hay un hilo mágico entre Galicia y el Camero.

Anónimo dijo...

Y si no comiste rosquillas es porque no te quedaste a comer.
¡¡¡¡¡¡¡¡¡PORQUE HABERLAS, HAILAS!!!!!!!!!!!