domingo, 29 de junio de 2008

Vaia, vaia, Logroño tampouco ten praia

Non podo dicir, canto tempo fai que non vou a praia... pero hoxe con isto de que fai un sol de mil demos, non podo deixar de pensar na praia de rodeira, en punta balea, no muelle de ojea - agora convertido en punto de botellón según din as malas lenguas e as que non son tan malas -, na praia liméns, na praia de ...., e dicir, en todas as praias de Cangas e a sua comarca.
Nembargantes, como xa dixen no título, Logroño non ten praia e como agora estou aquí, so podo acercarme o rio Ebro, ... que sí, que ten auga, que ten praias, vale, pero con cariño, non é o mesmo.
Ainda podo recordar cando de neno, en compañía de todos os nenos da miña idade marchabamos a rodeira, e xogábamos a ir até as gamelas - no sempre coa bendición dos seus donos -, tamén competíamos por saltar desde o muelle de Ojea, e ir nadando ate o rompeolas, iso sí, tendo en conta a velocidad e a entrada e saída do vapor de pasaje - o barco ou a lancha que iba de Cangas a Vigo- , e como último, cómo nos gustaba ir até a praia dos Alemáns, donde se podían ver a algunha extranxeira, secundada por algunhas das rapazas do pobo - iso sí, un pouco mais alonxadas e mais ocultas - facento o famoso "top-less" tamen chamado "tetiñas free", por aquilo de que o inglés no era o noso- que tanto tempo facianos perder, soñando ...
Pero como todo bo día de praia, sempre había unha cousa que o fastidiaba, claro que sí era o berro - que non chamada - das nosas nais. "Pedroooooooooooooooooooooo, Pedrooooooooooooo, pa' casa xa" "Toñoooooooooooo, Toñoooooooooooo, que no te teña que ir a buscar", "Migueeeeeeeeeellllll non che dixen que non te alonxaras tanto".... En fin, remolean ate a chabolas que había o pé das casas baratas, perto de donde agora é a casa da cultura, despedíamonos unhs dos otros, con unha sorisa complice de ... "pero que tetas mais grandes tiña aque la rapaza".... e como sempre se dixo unha visión dunhs bos peitos ben valen uns azoutes por alonxarse da casa.
Deica outro momento.

miércoles, 25 de junio de 2008

Iniciamos a nosa singladura.

Como ven imaxinades hoxe comenzo a miña singladura a través de este inmenso océano, viviremos interesantes aventuras, contareivos cousiñas da miña vida, das persoas que están o redor de mín, das miñas experiencias, ilusión, penas... en fin, de todo aquilo que queirades.
Nembargantes, direivos que para esta viaxe, necesitarei unha boa nave e unha boa tripulación, xa que un Capitán sen barco e sen mariñeiros, é como unha fonte seca ou un libro sen letras, e dicir... é como se dixeras un ninguén.
Pois sin mais esperas, agora que o vento sopra de través e a previsión do parte meteorolóxico e boa so podo dicir: contramestre "solta amarras", timonel "proa ás Cíes".... e disfrutade da viaxe.